O sábado 12 a entrada á Domus será gratuíta co gallo desta feira de tecnoloxía aberta
Para público en xeral
12/10/2024
Xa rematou
De 10.00 a 19.00 horas
GRATIS
A asociación de makers Bricolabs organiza un ano máis a Feira OSHWDem (Open source Hardware Demonstration) de tecnoloxía aberta que se desenvolverá na Domus o vindeiro sábado 12 de outubro en horario de 10.00 a 19.00 horas. Por este motivo o museo científico terá entrada gratuíta.
A feira incluirá ao longo de toda a xornada multitude de actividades, como competicións nas que se poderán ver robots pelexando de xeito autónomo, resolvendo complexos labirintos a gran velocidade ou competindo entre eles en carreiras incribles.
Ademais haberá obradoiros sobre bixutería electrónica ou iniciación ás tecnoloxías libres e a exposición de multitude de proxectos, de maneira que todo o público que se achegue á Domus poderá atopar algo do seu interese.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible