Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de febreiro de 2023

Xornada de portas abertas o martes de Entroido

O próximo 21 de febreiro, martes de Entroido e festivo local, a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae será gratuíta.

Para visitar o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o venres 17 de febreiro ás 10.00 horas aquí. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan.

A visita á Casa das Ciencias e á Domus será libre, sen reserva previa, e sempre que a capacidade non estea completa.

As persoas que queiran asistir a unha sesión de planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo, entregando un máximo de 2 invitacións por persoa. Haberá 4 sesións:

11.30 h: «La noche es necesaria». Maiores de 10 anos

13.00 h: «O ceo de Cloe». De 4 a 6 anos

17.00 h: «Polaris». Maiores de 7 anos

18.00 h: «Lévame á Lúa». Maiores de 10 anos

O horario de apertura será de 10.00 a 19.00 horas, co último acceso ás 18.00 horas no Aquarium Finisterrae, e ás 18.30 na Casa das Ciencias e Domus.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión