2 de octubre de 2025
Dende o 3 de setembro ate o 2 de outubro de 2025 as persoas interesadas poderán presentar alegacións e propostas á aprobación inicial da cuarta fase de execución do Plan de acción contra o ruido da Coruña
A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria de data 27 de agosto do 2025, acordou aprobar inicialmente a cuarta fase do Plan de acción contra o ruído do Concello da Coruña, segundo o establecido na Directiva 2002/49/CE, de 25 de xuño de 2002, na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, e consonte co procedemento establecido no artigo 11 da vixente Ordenanza de ruído da Coruña.
O que se fai público para que as persoas interesadas poidan presentar por escrito, dentro do prazo DUN MES dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio (Boletín Oficial da Provincia núm. 166 do 02.09.2025), as alegacións e propostas que estimen pertinentes, para o cal poderán examinar o antedito Plan presencialmente nas oficinas da Área de Medio Ambiente do Concello da Coruña, sitas na rúa Pedro Ferrer s/n (Edificio Casa da Auga, 5ª planta) durante o devandito prazo e nos días e horas hábiles (09:00 a 14:00 h), ou ben a través da web do Servizo de Medio Ambiente: Descargas documentos e informes ambientales
As alegacións e propostas poderán presentarse en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das Administracións públicas.
No caso de que non se presenten reclamacións nin suxestións, entenderase definitivamente aprobada a cuarta fase do Plan de acción contra o ruido. A aprobación definitiva e o texto final serán publicados no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Pódese consultar o texto íntegro do documento sometido a información pública tamén no taboleiro de edictos do Concello da Coruña.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible