Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Coruña Sostenible

Área de Economía y Planificación Urbana

Aprobada definitivamente a Ordenanza municipal para o uso racional e sostible das praias do Concello da Coruña

O texto entrará en vigor o vindeiro 14 de outubro

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

23/09/2025

Ya ha finalizado

Organiza:

Concellería de Medio Ambiente

Documentos:

Ordenanza para o uso racional e sostible das praias do Concello da Coruña (176 KB)

A nova Ordenanza municipal para o uso racional e sostible das praias do Concello da Coruña, aprobada en sesión plenaria ordinaria o pasado 11 de setembro, permite ao Concello da Coruña adaptar o seu marco normativo á lexislación vixente, así coma afrontar os retos derivados do cambio climático, da protección do patrimonio natural e da vixilancia e prevención dos riscos sanitarios que poidan xurdir. Malia que moitos aspectos da regulación do uso das praias estaban xa encadrados noutras normas municipais, o novo texto permite compatibilizar o desfrute das praias e calas municipais coa súa protección natural, a convivencia e a seguridade das persoas usuarias.

Aprobada inicialmente no pleno do Concello do 5 de xuño de 2025 foi sometida aos trámites de información pública e audiencia tras os que, analizadas as alegacións presentadas, se resolveu a súa aprobación definitiva. O texto final inclúe a modificación dos seguintes apartados:

Preámbulo

"O Concello da Coruña está practicamente rodeado polo mar. Ao longo da súa costa hai numerosas praias e calas. As principais son de carácter urbano, situadas en plena cidade. Por este motivo, teñen unha demanda moi alta de persoas usuarias durante todo o ano, moi especialmente no período estival. (...)" .

Artigo 1:

"É  o obxecto desta ordenanza a regulación do uso racional e sostible das praias do Concello da Coruña durante todo o ano, procurando compatibilizar o seu desfrute co respecto ao medio ambiente, así coma velar pola saúde pública, promover a accesibilidade, a seguridade e a protección da cidadanía".

Artigo 4:

"1. As persoas usuarias das praias e da súa contorna teñen os seguintes dereitos: (...)

1.4 Dereito á accesibilidade universal, nos termos que establece a lexislación sectorial vixente na materia". 

A Ordenanza municipal para o uso racional e sostible das praias do Concello da Coruña entrará en vigor o 14 de outubro de 2025, unha vez  transcorrido o prazo de 15 días hábiles dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 181 de 23.09.2025) conforme ao recollido no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión