Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Aprobada a Instrución sobre o uso dos Vehículos de Mobilidade Persoal

pasear

VEHÍCULOS DE MOBILIDADE PERSOAL (VMP)

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica a Resolución do concelleiro delegado de Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda e Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada por delegación da Xunta de Goberno Local.

Aproba a "Instrución sobre a regulación de uso dos Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP) no Concello da Coruña"

A instrución foi elaborada no marco do proceso de desenvolvemento da Declaración da Coruña por unha Mobilidade máis Sostible, aprobada por unanimidade polo Pleno do Concello na súa sesión do 3 de outubro de 2019.

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, ante a recente aparición e proliferación de novos medios de mobilidade e transporte no ámbito preferentemente urbano, e tendo en conta a falta dunha regulación específica deste tipo de aparellos na normativa estatal, considerou conveniente a elaboración dunha instrución municipal que regule as condicións de utilización e circulación destes.

Este tipo de aparellos clasificáronse como vehículos baixo a denominación de Vehículos de Mobilidade Persoal ( VMP) ou Vehículos de Mobilidade Urbana (VMU).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión