Concello da Coruña

Concello da Coruña

CAAD

Casa de Acollida de animais domésticos

Canles:

Presencial

Tipo:

Rexistros e censos

Materia:

Medio ambiente

Vixente:

Si

Inscrición na base de datos municipal e do centro de recollida como Fogar de Acollida de animais domésticos, unha vez verificado polo Concello que se reúnen as condicións establecidas para o seu recoñecemento.

Casa de Acollida de animais domésticos

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoa interesada

Requisitos:

  • Presentación da Declaración Responsable (segundo modelo normalizado existente na web e nos rexistros municipais)
  • Non ser sancionado por infraccións en materia de tenencia de animais, nin penal nin administrativamente, nos últimos 5 anos.
  • Non ser sancionado nin penal nin administrativamente, durante o mesmo período, por infraccións en materia de seguridade cidadá, Ordenanza de limpeza e Ordenanza de protección contra a contaminación acústica.
  • Non acharse inhabilitado, nin penal nin administrativamente, para a tenencia de animais.-
  • Ter plenas facultades e estar habilitado legalmente para solicitar o alta como fogar de acollida
  • Asumir as responsabilidades por danos que poidan causar os animais acollidos, nos termos do art. 1905 do Código civil.
  • Aceptación expresa das actuacións de verificación que poida levar a cabo o Concello para comprobar que se reúnen os requisitos esixidos para ser inscrito como fogar de acollida.
  • Acompañar unha descrición do aloxamento que se propón como fogar de acollida (metros cadrados da vivenda, lugar onde se aloxará o animal)

Prezo / Custo:

Non procede

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Medio Ambiente e Sustentabilidade

Presentación

Documentación necesaria:

  • Solicitude Xeral: Solicitude xeral.
  • Declaración responsable (segundo modelo normalizado existente na web e nos rexistros municipais)

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (119 KB)
  • Modelo 113 - Declaración responsable para adquirir a condición de fogar de acollida de animais domésticos (87 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Cubrir o impreso de solicitude dirixido ao Servizo de Medio Ambiente e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral.Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Teléfono

Despois

E despóis?:

Existen unha serie de obrigacións legais específicas para quen decida adoptar un animal. Poden consultarse nesta ligazón da web de Medio Ambiente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión