Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Coruña 30"

A velocidade xenérica das rúas da cidade reducirase de 50 a 30 km/h

A seguridade da mobilidade activa é o obxectivo primordial desta redución da velocidade e permitirá a transformación do espazo público en lugares amables e sustentables.

O 11 de Maio de 2021, entrou en vigor a segunda parte do RD 970/2020, que modifica a Normativa de Tráfico, e establécese que a velocidade xeral das rúas da cidade reducirase de 50 a 30 km / h.

Na Coruña, tres medidas forman o núcleo desta nova regulación:

  • As rúas dun carril para cada sentido de circulación terán unha velocidade máxima de 30 km/ h.
  • Os carrís 30 compartiranse con bicicletas, VMP e transporte público.
  • As rúas sen beirarrúas ou de plataforma única de calzada e beirarrúa terán unha velocidade máxima de 20 ou 10 km/h.

As vías da cidade con dúas ou máis carrís por sentido de circulación terán un carril limitado a 30 km/h.

Na Coruña xa se aprobou en maio de 2020, establecer a velocidade de 30 km/h nas rúas, excepción das vías de 50 km/h, agora as normas da DXT establece esa redución de velocidade para todas as cidades de España.

"A 30, en cidade, todos protexidos"

Xornada do 11 de Maio na Coruña

O Concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada e de Seguridade, Juan Ignacio Borrego, asistiron ás actividades que se realizaron no CEIP de Prácticas da Coruña.

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de educación primaria coa colaboración e supervisión dos monitores de Stop Accidentes estudaron e debateron sobre a implantación da redución da velocidade na vida da cidade. Como conclusión dos seus estudos, leron un manifesto e solicitaron ás autoridades presentes a aplicación de diversas medidas para facer efectivas esa redución de velocidade e mellorar a seguridade da mobilidade.

Entre as mesmas destacan as seguintes:

  • A ampliación do carril bici, para que a xente anímese a deixar o coche en casa e así fomentar unha mobilidade máis sustentable
  • A implantación de sinais luminosos preto dos centros educativos e nos camiños escolares.
  • Facer semáforos que sexan accesibles aos peóns, adaptando o tempo para eles con mobilidade reducida, para que poidan cruzar as rúas con seguridade.

Ao evento tambien asistiron os concelleiros do PP e Marea Atlántica, Antonio Deus e Claudia Delso, que coincidiron en resaltar as vantaxes da redución de velocidade, en canto á mellora da seguridade, a redución da contaminación e a posibilidade de compartir calzada os coches, biciletas e VMP.

A responsable de Stop Accidentes, Jeanne Picard, mostrou a súa satisfacción polas novas medidas, "Son moitos anos pedindo unha redución de velocidade nas cidades, porque sabemos que a velocidade excesiva mata", e pediu á cidadanía que respecte a sinalización e favoreza a prioridade ás persoas.

Pita " title="">

Benvida á redución de velocidade nas vías urbanas

O concelleiro de Mobilidade , Juan Manuel Díaz Villoslada, cualificou o evento de pistoletazo "de saída" para a aplicación da nova normativa. Segundo lembrou, desde onte máis do 90% do rueiro municipal accesible a vehículos ten un límite de 30 quilómetros por hora, incluíndo todas as vías que teñen un só carril por sentido, mentres que nas vías de dúas, que manteñen o límite en 50 km/h, "está a habilitarse algún carril 30". Nas rúas de plataforma única, nas que beirarrúas e calzada están ao mesmo nivel, o límite queda en 20 km/h, ou 10 km/h se non pasa o transporte público por elas.

A nova normativa de velocidade, sinalou Villoslada, fai "compatible o automóbil coas bicicletas e vehículos de mobilidade persoal" como os patinetes, e permitirá que haxa menos emisións de gases e baixen os niveis de contaminación acústica.

Tamén asistiron representantes da Xefatura Provincial de Tráfico, o Subjefe provincial, Adrián Pedreira, recalcou que "O máis importante é tratar de reducir a sinistralidade", os datos achegados pola DXT confirman que a redución da velocidade supón que o risco de que unha persoa morra atropelada redúcese ao 80%.

Pola tarde unha marcha conxunta de usuarios de bicicletas, VMP e patinadores percorreron a cidade polos carrís 30, para visibilizar os cambios na mobilidade que supón a implantación e xeneralización da velocidade de 30 km/h nas vías urbanas.

A marcha na que colaboraron Mobi-liza, ACOUVMP e Galicia Rollers, partindo da Praza de María Pita á 19.30h, percorrendo o Paseo Marítimo, a Rolda de Outeiro e Catro Camiños

O concelleiro, Antonio Deus do PP, participou na marcha e manifestou o seu apoio á redución de velocidade e lembrou que o seu grupo apoiou no pleno municipal a incorporación da Coruña "como Cidade 30 ". A redución da velocidade, opinou, vai conseguir unha "mellora da seguridade para os peóns", así como "un tráfico máis acougado". Pola súa banda a Concelleira de Marea, Claudia Delso, que tamén participou no percorrido en bicicleta, sinalou desde o seu grupo "non podemos máis que celebrar este avance".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión