Concello da Coruña

Concello da Coruña

DUPREC

Duplicado de recibos

Canles:

Telefónico, Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Tributario

Materia:

Facenda, Impostos, Recaudación

Vixente:

Si

Mediante este servizo as persoas interesadas poden solicitar unha copia dos seus recibos en período de recadación voluntaria, no caso de que non se chegasen a recibir ou se extraviaron.

Duplicado de recibo

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas, obrigadas tributarias que desexen recibir un duplicado dun recibo dun padrón fiscal.

Requisitos:

Requisitos

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Non procede

Máis información:

ADVERTENCIA: a non recepción dos recibos non exime da obriga de pago nin impide a utilización da vía de apremio.

Presentación

Prazo de presentación:

Poderá solicitarse durante o período de recadación voluntaria do tributo cuxo duplicado de recibo se solicite.

Documentación necesaria:

ningunha, xa está incluída no certificado

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Os documentos especificados no apartado "Documentacion necesaria",

Se se fai na Oficina de Atención da Área Económica na rúa da Franxa poderase obter o duplicado no momento.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gob.es/sta/CarpetaPrivate/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=RECIBOS

Teléfono

Que se necesita?:

En período de cobro dos recibos, mediante chamada ao teléfono 010 (981 920 010 desde fóra do termo municipal), poderase solicitar o envío deste tipo de duplicados de recibos.

Despois

Prazo de resolución:

No menor prazo de tempo posible remitiráselle un correo electrónico ou carta co recibo adxunto.

Outras versións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión