Concello da Coruña

Concello da Coruña

RETVA

Reserva de espazo temporal de vía pública

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións

Materia:

Urbanismo e infraestruturas, Sector público

Vixente:

Si

Obtención da autorización municipal para unha reserva de espazo temporal da vía pública para a realización de actividades como mudanzas, carga e descarga de materiais, descargas de combustible, carga e descarga de material relacionado con obras, vehículos de formigonaxe etc.

Reserva de espazo temporal de vía pública

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoa física ou xurídica interesada en obter a autorización municipal para unha reserva de espazo temporal da vía pública

Requisitos:

Deberase solicitar cun mínimo de tres días hábiles de antelación.

Prezo / Custo:

Autorización suxeita a taxa: Ordenanza fiscal núm. 25 reguladora da taxa por entrada de vehículos desde a vía pública, reservas de espazo para aparcamento, cargas, descargas e outras actividades particulares e Ordenanza fiscal núm. 1 reguladora da taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos.

A carta de pagamento das taxas correspondentes poderase obter no edificio de servizos económicos da rúa Franxa 20-22, C.P. 15001 A Coruña, ou na seguinte ligazón que o levará á Sede Virtual do Contribuínte.

Se non reside no termo municipal e sucede algún incidente electrónico que imposibilite realizar o aboamento da taxa de forma telemática, deberá poñerse en contacto co Servizo de Atención Telefónica 010 (981 18 42 78 para chamadas desde fóra do termo municipal).

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría delegada de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Presentación

Documentación necesaria:

En todos os casos

  • Solicitude: solicitude específica
  • Documento nacional de identidade: copia do documento nacional de identidade da persoa interesada se é persoa física ou do número de identificación fiscal se é persoa xurídica (só en caso de presentación presencial en oficina de rexistro municipal).
  • Plano: bosquexo coas dimensións da ocupación
  • Carta de pagamento: copia da carta de pagamento do depósito previo
  • Póliza de responsabilidade civil: póliza de responsabilidade que cubra a actividade para desenvolver no espazo público e xustificación do seu estado en vigor.

En caso de carga e descarga de material

  • Achegar licenza ou comunicación previa da obra, ou o seu número de expediente.

En caso de traballos en altura

  • Declaración responsable: declaración responsable relativa ao cumprimento da normativa de seguridade para traballos en altura (Real decreto 2177/2004, do 12 de novembro, polo que se modifica o Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as Disposicións Mínimas de Seguridade e Saúde para a Utilización polos Traballadores dos Equipos de Traballo, en Materia de Traballos Temporais en Altura).

En caso de traballos en altura para obras

  • Licenza ou comunicación previa: licenza ou comunicación previa dela, a nome do/a solicitante.

Informe previo da Oficina Técnica de Seguridade Cidadá ou da Policía Local

Requírese este informe nos seguintes supostos:

  • Cando a reserva de espazo sexa nunha parada de autobús, taxi ou zona de carga e descarga.
  • Cando supoña corte de rúa.
  • Cando supoña corte dun carril de circulación.
  • Cando afecte ao carril do bus.
  • Cando se realice nunha rúa peonil ou beirarrúa.

Documentos relacionados

  • mod. 062 Solicitude de licenza para reserva de espazo temporal na vía pública (169 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Cubrir o impreso de solicitude (modelo 062) e demais documentación que se indica no apartado Documentación necesaria.

O pagamento das taxas é un depósito previo segundo o disposto nas ordenanzas fiscais, polo que o xustificante do pagamento deberase achegar xunto coa solicitude.

A solicitude deberase realizar cun mínimo de 3 días hábiles de antelación. O documento de solicitude, con rexistro de entrada, xunto coa copia do pagamento das taxas, serve como xustificante da ocupación e remitiráselle á Policía Local para a súa sinalización, excepto nos casos nos que se requira informe previo da Oficina técnica de Seguridade Cidadá ou da Policía Local.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do Concello.
  • Nos demais supostos incluídos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Se desexa obter a carta de pagamento da taxa correspondente poderase obter a través do seguinte vínculo na Sede Virtual do Contribuínte.

Como se fai?:

A través desta Sede Electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede Electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos/as os/as notarios e rexistradores/as da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=542

Teléfono

Despois

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Contra a resolución que se dite, poderanse interpoñer os seguintes recursos:

- Recurso potestativo de reposición

- Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión