Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taboleiro de anuncios - Taxistas

  • Solicitude licenza taxi (65 KB)
  • Instrucións para obter o permiso (968 KB)
  • Tarifas urbanas 2025 (113 KB)
  • Relación de Aspirantes 2025

Os taxis da Coruña

Paseo Marítimo

Os taxis da Coruña son vehículos de cor branca, con variedade de marcas e modelos. Os distintivos son o escudo da cidade e o número do taxi en ambas as portas dianteiras; no teito exhiben o piloto verde, se están libres, e unha caixiña cos números 1, 2 ou 3 iluminados segundo a tarifa que aplique no momento en que están en servizo.

Hai máis de 40 paradas de taxi distribuídas por todos os barrios da cidade. Tamén pode solicitar un taxi a través do teléfono.

Existe a posibilidade de dispoñer dun eurotaxi, ou taxi adaptado, logo da solicitude previa por teléfono.

As tarifas do servizo de taxi están expostas á vista das persoas usuarias nos máis de 500 vehículos dispoñibles. Unha pequena porcentaxe deles son xa vehículos propulsados tamén por enerxías alternativas (vehículos a gas e híbridos), o que redunda nunha menor contaminación do medio ambiente e un transporte máis sostible. 

Protocolo de acceso do transporte público de persoas en vehículos de turismo con condutor a rúas peonís

O artigo 11.2.b.iv da Ordenanza de Mobilidade Sostible do Concello da Coruña establece unha excepción que permite o acceso a rúas peonís aos vehículos autorizados que recollan ou leven a persoas con mobilidade reducida a un inmoble da rúa.

O artigo 70.6 do citado texto autoriza aos taxis para circular por vías peonís co obxectivo de prestar servizo ás persoas titulares dunha acreditación de mobilidade reducida. Cada servizo que se realice con inicio ou fin en zona peonil deberá ser comunicado previamente á Policía Local a través do medio que en cada momento se estableza.

Con carácter previo á prestación dun servizo dun transporte público de persoas en vehículos de turismo con condutor con acceso únaa zona peonil para unha persoa titular dunha acreditación de mobilidade reducida, deberá comunicalo ao teléfono 092 ou, se chama desde fóra do termo municipal, ao 981 184 245.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión