Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de outubro de 2014

O alcalde destaca que a renovación de Monasterio de Cines permitirá recuperar a praza como espazo de convivencia para os veciños

A Concellería de Infraestruturas inicia as obras, enmarcadas dentro do Plan Urbana C e cun investimento final de 402.220 euros

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, visitou esta mañá os barrios da Agra do Orzán e do Ventorrillo con motivo do inicio das obras de renovación de Monasterio de Cines. A Concellería de Infraestruturas inviste 402.220 euros neste novo proxecto, enmarcado dentro do Plan Urbana C e cun prazo de execución de 4 meses.

"O proxecto supón unha remodelación ambiciosa da zona para crear un espazo para a convivencia, unha praza viva fronte a un espazo que quedara illado", afirmou o alcalde, quen aproveitou para lles agradecer aos veciños, ás concelleiras de barrio e ao Departamento de Infraestruturas o traballo realizado para desenvolver esta nova iniciativa do plan municipal de modernización de espazos públicos.

O proxecto recibiu 29 propostas, o que permitiu rebaixar tanto o investimento final na obra con respecto ao orzamento de licitación (aforro de 97.618,60 euros, é dicir, do 19,5%) e como do prazo de execución dos traballos de 6 a 4 meses. Infraestruturas proxecta a remodelación desta praza, situada entre os barrios da Agra do Orzán e O Ventorrillo, para xerar un espazo público usado fundamental polos residentes da zona, posto que, debido ao seu deseño actual, é pouco utilizado polos peóns.

Para mellor aproveitamento da praza e un maior goce deste espazo libre, o Concello busca con esta obra contar cunha praza máis aberta, de plataforma única e que favoreza a comunicación peonil. Así, integrarase o interior da praza nos percorridos peonís, pois o obxectivo é darlle maior protagonismo á cidadanía que se despraza a pé.

O alcalde tamén explicou que se aproveita a remodelación da praza para incrementar a oferta de xogos infantís, reservar o espazo suficiente para a realización de actividades populares e culturais, recuperar e reforzar o valor da fonte e a estatua conmemorativa de Pucho Boedo que xa existen na praza, plantar árbores, renovar a iluminación e colocar mobiliario urbano (bancos, fontes e papeleiras).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión