Tarxeta que permite estacionar nas zonas reservadas para residentes no sector que figure na tarxeta e na franxa horaria que ocupa a zona ORA.
A solicitude poderase presentar enviando un correo electrónico á empresa:
Prazo de solicitude:
Desde o 15 de decembro de 2022 ao 31 de xaneiro de 2023 (ambos inclusive). Fóra do devandito prazo, con carácter excepcional, soamente se poderán solicitar tarxetas para novos vehículos, por cambio de domicilio ou outras causas debidamente xustificadas. Deberase entregar, se é o caso, a tarxeta que a persoa solicitante xa tivese no seu poder.
As persoas que soliciten a tarxeta fóra de prazo, así mesmo acudirán ás oficinas habilitadas para o efecto da empresa concesionaria SETEX, na avda. Fernández Latorre, núm. 11, ou a través do correo electrónico residentes@coruna.setex.es, achegando a documentación necesaria, e xustificando documentalmente a solicitude fóra de prazo. Para solicitude presencial, cómpre solicitar a cita previa no teléfono 881 123 938.
RENOVACIÓNS:
A persoa que solicite a renovación da súa tarxeta de residente, e sempre que non modificase as condicións que lle desen dereito a ela, deberá enviar por correo electrónico a residentes@coruna.setex.es a seguinte documentación, debidamente cuberta:
Unha vez recibida e comprobada a dita documentación, a persoa usuaria recibirá un correo electrónico coa confirmación da alta como usuario residente para o ano 2022, poñendo á súa disposición a dita tarxeta, que será enviada a través de correo ordinario.
No caso de que o/a usuario non poida acceder por medios telemáticos deberá presentar persoalmente, obtendo a cita previa no teléfono 881 123 938, a documentación e unha vez comprobada avisarase telefonicamente confirmando a alta como usuario/a residente para o ano 2022, poñendo á súa disposición a tarxeta que será enviada a través de correo ordinario.
NOVAS ALTAS:
A persoa que desexe solicitar por PRIMEIRA VEZ a súa tarxeta de residente deberá remitir por correo electrónico residentes@coruna.setex.es a seguinte documentación:
Unha vez recibida e comprobada a documentación, o/a usuario/a recibirá un correo electrónico no que será informado/a do dereito ou non ao acceso á tarxeta. No caso afirmativo, a persoa usuaria deberá realizar o aboamento correspondente no número de conta ES23 0081 5363 2400 0114 9316 por importe 18,65 €, No concepto deberá figurar o nome da persoa solicitante-matrícula-ano (exemplo: José Pérez-1234BBB-2022). O dito xustificante será enviado por correo electrónico a residentes@coruna.setex.es .
Unha vez recibido e comprobado, a persoa usuaria recibirá un correo electrónico coa confirmación da alta como usuario/a residente para o ano 2022, poñendo á súa disposición a dita tarxeta, que será enviada a través de correo ordinario.
No caso de que a persoa usuaria non poida acceder por medios telemáticos, deberá presentar persoalmente a documentación, obtendo a cita previa no teléfono 881 123 938 e, unha vez comprobada, avisarase telefonicamente, coa confirmación do dereito ou non á tarxeta. No caso afirmativo, deberá realizar o aboamento da taxa correspondente e entregar o xustificante de ingreso. Unha vez recibido nas oficinas de tramitación, chamarase ao teléfono facilitado, coa confirmación da alta da súa tarxeta de residente, que será enviada a través de correo ordinario.
A entrega da tarxeta, distintivo de estacionamento de Uso de Residente, está supeditada ao cumprimento dos requisitos que se mencionan a continuación e ao pagamento da taxa correspondente.
O período de vixencia da tarxeta terminará o 31 de decembro de cada ano. A tarxeta do ano en curso deberá ir pegada na parte interior do parabrisas nun lugar visible para a súa comprobación.
A tarxeta de residente non terá validez nos espazos de Uso Xeral.
Soamente a poderán adquirir as persoas físicas. Non existe un máximo de tarxetas por domicilio, nin por titular, coa condición de que se cumpran os requisitos que se enumeran a continuación; pódense solicitar as que se desexen (unha por vehículo):
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible