Mais outro ano, as Bibliotecas Municipais sumámonos á festa do cómic máis especial da cidade: Viñetas desde o Atlántico. Durante o mes de agosto, o cómic sae dos andeis e chega ás vosas mans en forma de charlas e encontros, presentacións, obradoiros, mostras e exposicións.
A partir de 10 anos (entre 10 e 12 acompañados/as dunha persoa adulta).
Xuvenil
12/08/2026
Dende o 30/07/2026 ata o 12/08/2026
Require inscrición previa. Os menores de 10 anos deberán asistir acompañados dun adulto.
Das 11.00 ás 12.00 h
1 h
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Baixo. 15003 A Coruña
15
Tel.: 981 184 298
Neste obradoiro desenvolverase unha actividade introdutoria de xogos de cartas temáticas de dúas franquías de anime e manga, One Piece e Riftbound: League of Legends, onde os especialistas guiarán os participantes con explicacións, partidas prácticas e sesións de xogo libre. Con Eldritch Gate.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible