Concello da Coruña

Concello da Coruña

BiblioteCANdo: obradoiro asistido con cans

Comezamos os talleres asistidos do Proxecto BiblioteCANdo!

A quen vai dirixido?:

de 4 a 8 anos

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

12/02/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 05/02/2019 ata o 12/02/2019

A inscrición é necesaria para os nenos e as nenas, que deben vir acompañados/as de unha persoa adulta

Horario:

de 19.00 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

Logo da presentación de decembro, damos comezo ao Proxecto BiblioteCANdo na Biblioteca Durán Loriga.

O obradoiro será impartido pola Unidade de Investigación de Terapia Ocupacional da Universidade da Coruña (INTOINFA) e a empresa IncrescenTO, coa colaboración do Centro canino Montegatto.

Neste caso teremos a posibilidade de coñecer e experimentar de primeira man as posibilidades que os labradores Nana e Jym poden proporcionar na educación dos nenos e nenas en valores cívicos e sociais.

Co obradoiro achegarémonos a:

  • Impulsar a iniciativa e o desenvolvemeno personal a través da interacción cos cans.

  • Aumentar a motivación por aprender en grupo e participar en actividades comunitarias e grupais.

  • Fomentar o respecto polo medioambiente, o entorno e os animais.

Un taller para compartir valores en familia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión