Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria pública de captación de vivendas para alugamento municipal

Convocatoria para persoas propietarias de vivendas que desexen poñelas en alugamento social a través dun Banco de vivendas de xestión municipal.

A quen vai dirixido?:

Persoas propietarias de vivendas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/02/2020 ata o 05/03/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/02/2020 ata o 05/03/2020

As solicitudes entregaranse directamente na oficina de EMVSA ou en calquera rexistro municipal en liña ou presencial. Débeselle comunicar a dita solicitude a EMVSA enviando unha copia da solicitude rexistrada a contratacion@emvsa.es

O envío por correo electrónico deberase facer o mesmo día da presentación en rexistro ou o seguinte día hábil.

Requisitos:

Ser unha persoa propietaria dunha vivenda no Concello da Coruña ou en calquera outro termo municipal. En caso das vivendas situadas nun concello diferente do da Coruña, quedará a criterio do Consello de Administración de EMVSA (Empresa Municipal Vivienda Servicios y Actividades) aceptalas ou non.

Organiza:

Concello da Coruña

Contacto:

- No teléfono de Atención Cidadá 010

- No teléfono de EMVSA 981 910 460​

- No correo electrónico: contratacion@emvsa.es

- Nas oficinas de EMVSA: rúa Manuel Murguía, s/n, edificio Casa da Auga, 1.ª planta

Documentos:

Bases da convocatoria (169 KB)

Quen pode participar nesta convocatoria pública?

Calquera persoa propietaria dunha vivenda no Concello da Coruña ou en calquera outro termo municipal. En caso das vivendas situadas nun concello diferente do da Coruña, quedará a criterio do Consello de Administración de EMVSA aceptalas ou non.

Cales son as condicións do alugamento?

O titular do contrato de alugamento será a Empresa Municipal de Vivenda e rexerase pola Lei de arrendamentos urbanos.

Canto percibe a persoa propietaria?

Ata 660 € en función das características da vivenda.

Que garante EMVSA?

O pago mensual da renda e a reparación dos posibles danos causados na vivenda derivados dun mal uso.

Cando se pode solicitar a participación neste banco de vivendas?

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles desde a publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de maneira que será desde o 20 de febreiro ata o 5 de marzo.

Que tramites se deben facer para participar nesta convocatoria pública?

Deberase dirixir unha solicitude á presidenta do Consello de Administración de EMVSA xunto coa documentación disposta no artigo 8.3 das bases da convocatoria.

Como se poden presentar as solicitudes?

As solicitudes, así como o resto da documentación necesaria, presentaranse na sede de EMVSA, Casa da Auga, 1ª planta, en horario de 8:00 a 15:00 h.

Admitiranse tamén as solicitudes, xunto con toda a documentación preceptiva, no rexistro ou en calquera rexistro presencial do Concello da Coruña, a pesar de que se lle deberá comunicar a dita solicitude a EMVSA enviando unha copia da solicitude rexistrada, o mesmo día da presentación ou o seguinte día hábil, ao seguinte enderezo de correo electrónico: contratacion@emvsa.es

As solicitudes deberán conter o Modelo de solicitude, o Modelo de declaración responsable que se achega en documentos relacionados e toda a documentación disposta no artigo 8.3 das bases.

Documentos relacionados

  • Solicitude (en galego) banco de vivendas (48 KB)
  • Solicitude (en castelán) banco de vivendas (50 KB)
  • Declaración responsable (en castelán) EMVSA (42 KB)
  • Declaración responsable (en galego) EMVSA (41 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión