Concello da Coruña

Concello da Coruña

Persoas sen fogar

  • Localización e apoio a persoas sen fogar

    Prestación que consiste en percorridos polas rúas e espazos da cidade para a localización de persoas que pasan nela a noite. O destino das rutas é coñecelas, ofrecer información sobre os recursos de atención na cidade, roupa de abrigo e alimento.

    Estas rutas realízanse a través de dous servizos:

    -  "Xiras de observación". Saídas semanais de coñecemento e contacto. Dende o apoio anteriormente sinalado trátase de iniciar procesos de axuda para superar a súa estancia na rúa.

    -  "Dispositivo +calor". Saídas nos días con alerta por condicións climatolóxicas adversas, co obxectivo prioritario de previr riscos para a saúde e integridade de persoas localizadas na rúa.

  • Programa de inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social

    O obxectivo principal destes programas e prestacións é fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, mellorar a empleabilidad, en particular para os colectivos desfavorecidos.

    O resultado que se pretende alcanzar é mellorar a inclusión socio laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social.

    O obxectivo principal desta axuda é promover a integración socioeconómica da poboación inmigrante. O resultado que se pretende alcanzar é mellorar a inclusión sociolaboral deste colectivo a través da inclusión sociolaboral.

    Estes programas responden á obxectivo "Inclusión social e loita contra a pobreza" e, a través das subvencións antes citadas, realízanse accións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027.

  • Servizo de atención inmediata a persoas sen fogar

    Prestación que atenda a persoas que se atopan na rúa por non ter un lugar onde pasar a noite e non teñen medios para satisfacer as súas necesidades básicas.

    Ofrecerase información e/ou a xestión dos recursos municipais e das entidades sociais locais que estean dispoñibles para dar resposta á as necesidades detectadas. A atención prestada tentará ofrecer alternativas inmediatas e poñer en marcha procesos de intervención para mellorar as súas condicións de vida.

  • Servizo municipal de atención a urxencias sociais SEMUS

    Diríxese á atención de persoas especialmente vulnerables e que padecen situacións de risco que se presentan de forma imprevista.

    É un servizo especializado que presta atención cando os servizos sociais municipais e outros dispositivos públicos ou privados non están operativos.

resultados 4

  • 1 Páxinas
  • 1

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión