Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Servizo de Axuda a Domicilio Básico

Prestación dun conxunto de atencións domiciliarias con carácter personalizado, encamiñadas a reducir as limitacións para as actividades básicas da vida diaria e a socialización.

A quen vai dirixido?:

  • Persoas maiores con dificultades graves na súa autonomía persoal e que presentan limitacións para a realización de determinadas tarefas de carácter persoal ou doméstico.
  • Persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, que afecte significativamente á súa autonomía persoal, que viven soas ou non poden ser atendidas polas súas familias.
  • Familias con dificultade de atención a menores debido a carencia de hábitos para un bo funcionamento da vida cotiá, carencia de apoios da familia extensa, ou problemas no desenvolvemento da dinámica familiar, dando prioridade a familias con menores de 12 anos.

Organizador:

O servizo estará prestado por algunha das entidades prestadoras de SS.SS. ás que se lles adxudique contrato mediante concurso público.

Requisitos:

  1. Estar empadroados e residir no Concello da Coruña.
  2. Ter limitacións de autonomía que dificulten a realización de actividades básicas da vida diaria.
  3. Ter solicitado, ou facelo xunto á solicitude do Servizo de Axuda a Domicilio Municipal, o recoñecemento do Grao de Dependencia.
  4. No caso de que se trate dunha familia con dificultades de atención aos seus menores, non se necesitará cumprir os requisitos b) e c).

Prazo de presentación:

Durante todo o ano.

Remuneración / Dotación:

Prestación de servizos domiciliarios por un/unha auxiliar de axuda a domicilio.

As tarefas estableceranse no proxecto de intervención individual e adaptaranse ás diferentes casuísticas, pero sempre irán orientadas a atencións domiciliarias de carácter persoal para a realización de actividades básicas da vida diaria.

A temporalidade do servizo estará fixada no proxecto de intervención individual e terá unha intensidade de atención non superior a 6 horas semanais ou 26 horas mensuais para cada persoa beneficiaria.

Máis información:

Os pasos que hai que seguir para conseguir esta prestación son:

1. Acudir presencialmente á Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidad para unha entrevista co traballador/a social, para valorar a idoneidade desta prestación. Sen cita previa.

(Este paso non é imprescindible, pero si aconsellable para a orientación da necesidade da prestación).

2. Presentar a solicitude e documentación correspondente.

3. Esta prestación require valoración técnica para a súa concesión. Para esta valoración o traballador social realizará unha visita domiciliaria, que se concertará previamente por vía telefónica.

4. A concesión da prestación requirirá a sinatura dun proxecto de intervención onde se recollan as tarefas que hai que realizar e un contrato de prestación de servizos.

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión