Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Apoio técnico e administrativo para a tramitación do recoñecemento do grao de dependencia pola Xunta de Galicia.
Persoas en situación de dependencia e as súas familias, que desexen obter a valoración de dependencia para acceder á carteira de servizos do sistema para a autonomía persoal e atención á dependencia.
Residir no territorio español polo menos durante cinco anos, dous dos cales deberán ser inmediatamente anteriores á data da solicitude.
Ter residencia efectiva en Galicia na data da solicitude.
Durante todo o ano.
Prestación de carácter técnico.
Os pasos que hai que seguir para obter esta prestación son:
1. Acudir á oficina sen previa cita para informarse sobre a solicitude e documentación necesaria.
2. Presentar solicitude e documentación.
3. Dende a oficina comunicaráselle telefonicamente a data para levar a cabo unha entrevista no seu domicilio.
4. A oficina encargarase do envío da solicitude e a documentación presentada á Xunta tras elaboración dun informe social.
Programa ao que pertence
Prestacións relacionadas
Trámites
24 de febreiro de 2021
Educación prevé publicar en abril, 4 meses antes que o ano pasado, a listaxe definitiva de alumnas/os para o curso que vén, para a que primará a situación económica, social e laboral das familias solicitantes. Como novidade, este ano poderán optar a praza as familias de bebés en proceso de xestación e darase puntuación extra por matricularen a dous irmáns.
18 de febreiro de 2021
O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage: “A causa da pandemia o executivo de Inés Rey decidiu reforzar o investimento social, incrementando nun 20% as axudas municipais a 104 asociacións”
12 de febreiro de 2021
A Concellería de Benestar Social priorizou dirixir 1,2 millóns de euros á Renda Social Municipal e 503.000 euros ás prestacións de emerxencia co fin de evitar a exclusión social.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible