Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Aclaración sobre as medidas de protección ás persoas que viven de alugueiro
Ante as dúbidas formuladas, queremos aclarar que as medidas tomadas polo Goberno para protexer as persoas que viven de alugueiro refírense única e exclusivamente a aquelas que están en situación de vulnerabilidade derivada de situacións provocadas polo COVID-19.
Aclárase que as medidas tomadas polo Goberno para protexer as persoas que viven de alugueiro refírense única e exclusivamente a aquelas que estánen situación de vulnerabilidade, derivada de situacións provocadas polo COVID-19. As medidas son as seguintes:
Suspensión de todos os desafiuzamentos sen alternativa habitacional ata que se cumpran 6 meses desde a fin do estado de alarma.
Prórroga extraordinaria de 6 meses dos contratos de alugueiro de vivenda habitual a piques de vencer, para evitar subidas abusivas aproveitando o COVID-19.
Microcrédtos do Estado a tipo 0 de xuro, para devolver en 6 anos (ampliable a 10) para que quen caia en situación de vulnerabilidade poida facer fronte ao pago do seu alugueiro.
O Estado farase cargo das débedas de todas aquelas persoas inquilinas en situación de vulnerabilidade pola crise do coronavirus, que non logren saír desa situación e finalmente non poidan facer fronte á devolución das axudas públicas para o pago do alugueiro que se van poñer en marcha.
As/os grandes propietarios ou tedores de vivenda débenlles realizar ás súas persoas inquilinas unha quita do 50% ou ben unha reestruturación da débeda en 3 anos. E, en calquera caso, estas/es inquilinas/os tamén se poden acoller ás liñas de axuda públicas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible