Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Intervención psicolóxica con menores vítimas de violencia de xénero
Intervención psicolóxica con menores que sufran violencia de xénero, tratando de lograr a súa recuperación emocional, fortalecendo a súa capacidade de resiliencia e previndo a asunción de modelos de relación violentos.
A quen vai dirixido?:
A poboación destinataria son nenas e nenos de entre catro e dezaoito anos de idade que vivisen situacións de violencia de xénero no contexto familiar, que poderán ser atendidos/as xunto coas súas nais.
Tamén se atenderá a aquelas nenas menores que sufrisen violencia de xénero nas súas relacións de parella ou por agresores alleos á contorna familiar.
Organiza:
O Centro de información ás Mulleres e, no seu caso, apoiado por unha entidade especializada no ámbito da infancia e a adolescencia con experiencia na intervención con menores vítimas de violencia de xénero.
Requisitos:
Os requisitos que se contemplan para acceder á prestación son:
Ter entre catro e dezaoito anos.
Sufrir violencia de xénero no ámbito familiar e, no seu caso, no ámbito da parella.
Que sexa realizada polo Centro de información ás mulleres unha valoración técnica de idoneidade do recurso.
Prazo de presentación:
Aberta todo o ano.
Remuneración / Dotación:
Promove a recuperación emocional dos e das menores, o restablecemento dos seus vínculos afectivos, das súas relacións familiares e a participación e adaptación social/escolar.
Máis información:
Prevese unha duración aproximada de oito sesións por unidade familiar, dependendo da problemática exposta por cada usuario/a.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible