Falando a Boca Chea é un festival de narración oral con narradores e narradoras galegos/as que comparten os seus relatos variados con espectáculos dirixidos a diferentes tipos de público.
Dirixido a nenos e nenas de 2 a 4 anos
Infantil, Familias
16/04/2026
From o 09/04/2026 to o 16/04/2026
Require inscrición
Das 18.00 ás 19.00 h
1 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
30
bforum@coruna.gal
Tel.: 981 184 298
O martes 16 de abril ás 18.00 h recibimos, na Biblioteca Fórum, a Marta Ortiz neste contacontos para nenos e nenas de 2 a 4 anos.
Casa, casiña, casona
Pum, pum! Quen é? Quen chama á miña casa, casiña, casona?
Imos visitar casas grandes, diminutas, casas que caben na man, casas-zapato, casas de fío, casas-maleta que viaxan polo mundo... Tamén imos coñecer as súas persoas habitantes: animais que falan, obxectos cotiáns e máxicos, familias diversas e asombrosas...
A casa é o símbolo do colo amoroso que nos acolle nos primeiros anos de vida, o colo que nos arrola, abraza e protexe. A casa é o fogar, o centro do mundo na primeira infancia e está chea de portas e ventás que se abren ao mundo e que nos convidan a descubrilo. Cada quen ao seu ritmo, levado/a pola súa propia curiosidade.
Un espectáculo para primeira infancia e as súas familias baseado no asombro, a transmisión do amor a través da lingua galega e a palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións de dedos, trabalinguas, arrolos, poemas... que forxan os cimentos da casa que construímos ao longo das nosas vidas.