O teu destino de moda
Na Coruña respírase arte, deseño e moda, e é fonte de inspiración para as persoas creativas e o marco perfecto para as mellores expresións artísticas. Fogar de artistas como Picasso, e berce de empresas que marcan tendencia como Inditex, a cidade segue crecendo como referente cultural.
Aquí atoparás pequenos comercios con pezas únicas (tanto de moda, como de artesanía), estudos nos que se cociñan as próximas tendencias ou grandes superficies para que teñas todo á man.
Por suposto, tamén existen opcións ecolóxicas e sostibles, para reducir a nosa pegada ecolóxica e darlles unha segunda vida a produtos xa creados. Mergúllate na moda, arte e deseño de estilo coruñés.