Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ruta N-VI

A ruta da N-VI é unha magnífica oportunidade para viaxar á Coruña por unha vía histórica que sae do km. 0 en Madrid e que chega ata a cidade herculina despois de 600 quilómetros de viaxe.

Unha ruta onde poderás parar e descubrir orixinais museos como o do chocolate en Astorga ou o MUVICLA de Láncara; castelos cheos de historia como o da Mota en Medina del Campo ou o Templario en Ponferrada; adegas espectaculares e paisaxes extraordinarias como as Lagoas de Villafáfila, os Ancares e as Médulas. Ademais, realizar esta ruta permitirache probar a gastronomía típica de máis de 70 municipios polos que pasa o itinerario, que poderás facer en coche, moto, bici ou autocaravana; e todo ao teu ritmo.

A N-VI naceu como unha das calzadas romanas que unía a península ibérica con Brigantium, converténdose en Camiño Real no século XVIII baixo o reinado de Carlos III. En 1939 o Plan Peña puxo nome ás seis estradas radiais que coñecemos na actualidade e, precisamente a que comunicaba Madrid coa Coruña denominouse N-VI.

Hai máis de 20 anos que a autovía A6 completouse, polo que a vella estrada N-VI quedou nun segundo plano. A Ruta N-VI revitaliza todos os municipios que hoxe en día forman parte da España baleirada ao perder visitantes. Se queres vivir unha aventura apaixonante e cun valor engadido, non dubides en emprender unha viaxe sinxelamente espectacular cun destino milenario.

*Consigue o pasaporte oficial. Teralo que ir selando ao longo de toda a N-VI. Hai gran cantidade de puntos de selado, estando o último deles na Torre de Hércules, na propia oficina de atención turística. Cun mínimo de 10 selos recibirá un diploma. Ademais, ao obter o pasaporte e activalo en rutanvi.com/pasaporte conseguirás tamén unha guía completa de todo o traxecto e un mapa dixital con todos os puntos relevantes da ruta.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión