Concello da Coruña

Concello da Coruña

Castelo de San Antón

Enderezo:

Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

Teléfono:

+(34) 981 189 850

Páxina web:

https://ticketing.coruna.gal/arq/visitsananton/

Servizos:

Proxeccións.

Investigacións.

Intercambios con asociacións.

Escavacións.

Organizan cursos e conferencias.

Horario:

Inverno (setembro a xuño):

Martes a sábado das 10.00 ás 19.30 h. Domingos e festivos das 10.00 ás 14.30 h (desde media hora antes do peche non se permite o acceso).

Pecha o 1 de xaneiro, luns e martes de Entroido e o 24, 25 e 31 de decembro.

Verán (xullo e agosto):

Martes a sábado das 10.00 ás 21.00 h. Domingo e festivos das 10.00 ás 15.00 h (dende media hora antes do peche non se permite o acceso).

Prezo / Custo:

Entrada xeral: 2,06 €

*Entrada reducida: 1,03 €

*Consultar as condicións da tarifa reducida e dos bonos dispoñibles na web.

TARIFAS

Compra por Internet https://ticketing.coruna.gal/arq/visitsananton/

Entrada xeral: 2,06 €

Entrada reducida: 1,03 €

  • Titulares do Carné Xove, menores de 14 anos (0-4 anos acceso gratuíto) e maiores de 65 anos.
  • Grupos de máis de 20 persoas en visitas previamente concertadas.
  • Os días e nos casos que estableza a Xunta de Goberno.

Cota cero:

  • Grupos educativos do municipio da Coruña, en visita previamente concertada.
  • Persoas con discapacidade.
  • Visitas patrocinadas polo Concello, logo da resolución previa que así o declare.
  • Visitas de membros da Asociación de Amigos do Arqueolóxico e de International Council of Museums.
  • O día dos Museos (18 de maio de 2014)
  • Todos os sábados do ano (festivos incluídos)
  • Entrada para o profesorado responsable dos grupos, ou guías turísticos/as no desenvolvemento das súas taresas tras a presentación do seu carné.

HISTORIA

O museo aséntase nunha antiga fortaleza construída no século XVI. Dos séculos XVI ao XVIII foi un edificio defensivo e prisión, máis tarde foi utilizado como lazareto para illar os mariñeiros que chegaban á cidade afectados dalgunha enfermidade infecciosa. O museo como tal inaugurouse en 1968. Considérase monumento histórico-artístico desde 1949.

O museo alberga obxectos de arqueoloxía como: ourivaría protohistórica, megalitismo, Idade de Bronce, cultura castrexa, romanización e distintos aspectos da cidade.

O Castelo alberga as seguintes dependencias:

  • Biblioteca (Casa Botero)
  • Salas de exposicións (planta baixa)
  • Salas de exposicións, sancristía e capela (planta alta)
  • Casamatas (anexos - planta baixa)
  • Alxibe (anexos)

DIRECTOR: Jaime Oíza Galán

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • As persoas visitantes deben respectar as indicacións do persoal encargado da custodia da exposición.
  • Non se permite a entrada de animais domésticos, excepto cans guía.
  • Mochilas, paquetes e bolsos grandes deberán ser depositados na recepción.
  • Non está permitido fumar, incluídos cigarros electrónicos, en todo o recinto, tanto interiores como exteriores.
  • Non está permitido comer nin beber en todo o recinto.
  • Non está permitido o uso de trípode, brazo de selfie, nin flash no interior do museo.
  • As/os menores de 16 anos deberán ir acompañadas/os por unha persoa adulta responsable do seu correcto comportamento.
  • Recoméndase silenciar o seu teléfono móbil durante a visita.
  • Débese evitar a excesiva aglomeración ou o comportamento que poida incidir na deterioración da exposición ou as instalacións.
  • Non se deben tocar superficies, pezas ou elementos expositivos, nin sentar no chan ou obstaculizar as zonas de paso.
  • En caso de incumprimento destas normas, o persoal de vixilancia ten a obriga de chamar a atención e, chegado o caso, interromper a visita.
  • As visitas de grupo deberán ser solicitadas previamente no teléfono 981 189 850 ou no correo electrónico: arqueovisitas@coruna.gal
  • A venda de entradas limítase 30' antes da hora de peche.
  • O desaloxo das salas comeza 10' antes da hora do peche.

VISITA VIRTUAL:

https://estaticos.coruna.gal/sananton/

COMO CHEGAR?

Bus urbano

Parada de taxi

Aparcabicicletas

Documentos:

Ordenaza-Fiscal-N-16.--1.pdf (110 KB)

Multimedia

  • Visita virtual ao Castelo de San Antón

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión