· Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas
· Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas (os xoves das 16.30 ás 21.30 horas)
· Administración: das 09.00 ás 21.00 horas
Centro deseñado para satisfacer as inquietudes musicais, desde o punto de vista educativo e cultural, do maior número posible de cidadáns e cidadás.
A Escola Municipal de Música da Coruña nace o 22 de novembro de 1998 e foi inaugurada polo que era por aquel entón alcalde da Coruña, Francisco Vázquez Vázquez. A Escola Municipal de Música é un centro deseñado para satisfacer as inquietudes musicais, dende o punto de vista educativo e cultural, do maior número posible de cidadáns e cidadás.
Nos seus plans de estudos ten cabida alumnado de todas as idades e comeza a partir dos catro anos. A súa flexibilidade permítelle integrar un alumnado con diferentes intereses e capacidades e abarca ao mesmo tempo estilos musicais diversos.
Desde o curso 2002-2003 o alumnado da Escola Municipal de Música está a ofrecer concertos fóra dos muros do recinto que lle serven para poñer en práctica, ante o público, o aprendido nas clases.
Con frecuencia o alumnado da Escola participou e participa en distintos certames e concursos convocados polas institucións para fomentar o desenvolvemento da música.
Áreas de estudo
ÁREA DE MÚSICA E MOVEMENTO (de 4 a 7 anos)
Contido:
Nesta área introdúcese o alumnado máis pequeno na aprendizaxe da música dende un enfoque lúdico, auditivo e intuitivo, ademais de poñer en valor a educación inclusiva e a solidariedade entre o grupo. A metodoloxía empregada da EMM baséase nunha práctica grupal con instrumental orff, particularmente xilófonos e metalófonos cromáticos, co que se fomenta así a creatividade e o desenvolvemento das aptitudes de todo o alumnado.
Horarios:
De luns a xoves, en horario das 16.30 ás 19.30 horas
As clases terán unha hora de duración, e escolleranse dous días á semana.
Práctica Instrumental:
O alumnado que cursase polo menos un ano de Música e Movemento connosco, e cumpra 6 ou 7 anos antes do 31 de decembro de 2022, poderá acceder a unha hora de práctica instrumental, naqueles instrumentos nos que existan prazas vacantes, e seguindo os criterios de adxudicación establecidos.
Matrícula:
Poderán realizala en música e movemento, aqueles alumnos e alumnas que cumpran de 4 a 7 anos, antes do 31 de decembro do 2022.
ÁREA XERAL (de 8 anos en diante): Clásica, Tradicional, Jazz e Moderna
Contido:
AGRUPACIÓN: a materia de agrupación céntrase na interpretación en grupo de diverso repertorio onde o alumnado poida desenvolver os coñecementos adquiridos co seu instrumento fomentando o traballo en equipo e a solidariedade entre todos os compoñentes, motivando a improvisación e a creación propia e sendo un marco exemplificativo de inclusión.
INSTRUMENTO: na especialidade de instrumento traballarase de maneira progresiva a técnica que se adaptará sempre ao nivel do alumnado e reforzarase a lectura musical sen esquecer que o piar fundamental sobre o que traballa a EMM é a práctica en grupo.
LINGUAXE MUSICAL: como o seu propio nome indica nesta materia abordaremos os contidos e as ferramentas necesarias para comprender e gozar de toda a linguaxe que integra a música: lectura melódico-rítmica, educación auditiva e vocal, harmonía, improvisación análise etc.
Instrumentos:
Acordeón, Canto clásico, Canto moderno, Clarinete, Frauta, Saxofón, Gaita, Percusión latina, Percusión tradicional (só venres), Batería, Guitarra clásica, Guitarra eléctrica, Baixo eléctrico, Piano, Violín, Viola, Violonchelo, Contrabaixo.
Horarios:
Opción 1 (de luns a xoves)
Opción 2 (só os venres)
TALLERES
O alumnado que queira asistir, realizará unha entrevista previa co persoal responsable do taller.
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle na zona Z4-R15 (Parcelas Z4-R15L e Z4-R15P), no ámbito do SURT 1, en San Pedro de Visma (expediente 631/2024/120).
Suspensión cautelar de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle relativo á parcela na que se empraza o actual mercado municipal de Palavea (Expediente DPE/2025/47)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible