Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bebescena outono 2026: Canta, buguina, canta!, Marta Ortiz

Buguina significa "caracola" en galego. Ao soprala comeza unha viaxe imaxinaria polo mar na que os nenos e nenas visitarán illas habitadas por caracois, galiñas poñedeiras, vacas e outros animais.

A quen vai dirixido?:

primeira infancia, de 0 a 6 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/11/2026 ata o 08/10/2026

Horario:

11.30 h e 13.00 h

Duración:

40 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

  • Entrada xeral: 6 €
  • Entrada reducida: 2 € para menores de 3 anos, persoas con discapacidade acreditada e acompañantes
  • Abono de tres entradas: 15 €

As circunstancias que permiten acceder ao prezo reducido deben acreditarse ao mercar as entradas ou ao acceder ao espectáculo.

Organiza:

IMCE

Contacto:

agora@coruna.gal

Durante a travesía xogarán cunha marea que sobe e baixa, regarán a herba, cantarán cancións sobre a lúa e construirán barcos de papel para continuar navegando. Os obxectos cotiáns transfórmanse en animais, illas e paisaxes, mentres un gran mar de tea cobra vida ao ritmo da música e das palabras.

O espectáculo combina narración oral, teatro de obxectos, música, poesía, cancións, contos e xogos visuais e sonoros. O seu obxectivo é achegar a primeira infancia á palabra e á literatura mediante unha experiencia delicada, participativa e chea de imaxinación.

A proposta tamén transmite valores como a igualdade, o amor, o respecto e a convivencia, e convida a pequenos/as e maiores a compartir a viaxe.

  • Artista e intérprete: Marta Ortiz
  • Modalidade: narración oral, teatro de obxectos e música
  • Idioma: galego

Puntos de venda de entradas:

  • En liña: www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h, excepto festivos
  • Despacho de billetes do Centro Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo, sempre que queden entradas dispoñibles

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión