Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bebescena outono 2026: "Lumiero", de La Menuda

"Lumiero" é un entrañable e soñador coleccionista de luz, interpretado polo clown Pere Hosta. Vive arrodeado de pequenos escintileos, lámpadas e sombras que parecen cobrar vida. É tamén un faroleiro, inventor de curiosos artefactos e explorador da luz e da escuridade.

A quen vai dirixido?:

de 6 meses a 5 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/11/2026

Horario:

11.30 h e 13.00 h

Duración:

40 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

  • Entrada xeral: 6 €
  • Entrada reducida: 2 € para menores de 3 anos, persoas con discapacidade acreditada e acompañantes
  • Abono de tres entradas: 15 €

As circunstancias que permiten acceder ao prezo reducido débense acreditar ao mercar as entradas ou ao acceder ao espectáculo.

Organiza:

IMCE

Contacto:

agora@coruna.gal

Neste universo acompáñao a súa filla Lumina, interpretada pola bailarina e actriz Jana Noguera. Lumiero desexa compartir con ela todos os segredos que garda detrás do seu vello farol. Xuntos descubrirán que a penumbra non ten por que resultar inquietante: pode ser un espazo cheo de historias, reflexos xoguetóns, sombras danzantes, humor e poesía.

A proposta combina teatro xestual, clown, danza, poesía visual, xogos de luces e música orixinal interpretada en directo. O movemento e a música permiten que os nenos e as nenas sigan a historia de forma intuitiva, xa que é un espectáculo sen texto.

A banda sonora créase sobre o escenario con instrumentos tradicionais, obxectos e xoguetes musicais. Inclúe violoncelo, piano, saxofón, frauta, serra musical, guitarras, percusión e acordeón. A luz tamén funciona como un personaxe máis: xoga a contar unha historia e fai visible aquilo que, inicialmente, permanecía acochado.

  • Disciplina: teatro visual, musical e xestual
  • Linguaxe escénica: clown, danza, música en directo e poesía visual
  • Dirección artística: Faló Garcia i Pellejà
  • Creación: Pere Hosta, Faló Garcia i Pellejà e Maria Cruz.
  • Dirección escénica: Anna Castells.
  • Dirección musical: Maria Cruz.
  • Intérpretes e músicos: Pere Hosta, Jana Noguera, Faló Garcia i Pellejà, Maria Cruz e Edgar Casellas.
  • Escenografía: Fanny Espinet e David Fauchs.

Puntos de venda de entradas:

  • En liña: www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h, excepto festivos.
  • Despacho de billetes do Centro Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo, sempre que queden entradas dispoñibles.

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión