Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bebescena outono 2026: Únicos, de Date Danza

Únicos é unha proposta de danza contemporánea para a infancia que convida a entrar nun bosque simbólico: o espazo interior no que cada persoa vai construíndo a súa identidade con tempo, coidado e amor.

A quen vai dirixido?:

A partir de 18 meses en diante

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/09/2026

Horario:

11.30 h e 13.00 h

Duración:

42 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

  • Entrada xeral: 6 €
  • Entrada reducida: 2 € para menores de 3 anos, persoas con discapacidade acreditada e acompañantes
  • Abono de tres entradas: 15 €

As circunstancias que permiten acceder ao prezo reducido deben acreditarse ao mercar as entradas ou ao acceder ao espectáculo.

Organiza:

IMCE

Contacto:

agora@coruna.gal

Neste escenario atópanse dous nenos que, a través do movemento e o xogo, obsérvanse, recoñécense e descobren aquilo que os fai diferentes e únicos. A obra reflexiona sobre como se forma a nosa identidade e formula preguntas como: en que momento deixamos de mostrarnos tal e como somos?, canto inflúen en nós as opinións das demais persoas?, somos realmente o que outras persoas din que somos?

A peza aborda conceptos como a diversidade, a identidade, o equilibrio, a aceptación e a construción do eu, utilizando a danza como unha linguaxe próxima e sensible. Os nenos e nenas non son tratados unicamente como espectadores/as, senón como persoas capaces de observar, interpretar e participar emocionalmente nesa reflexión.

  • Dirección artística e autoría: Omar Meza
  • Intérpretes: Raúl Durán e Álvaro G. Copado

Puntos de venda de entradas:

  • En liña: www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h, excepto festivos
  • Despacho de billetes do Centro Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo, sempre que queden entradas dispoñibles

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión