Concello da Coruña

Concello da Coruña

En busca do tesouro: visita intermareal en familia

As Xubias (punto de encontro nas Xubias de Arriba, 15 - 15006 A Coruña fronte ao CEE María Mariño)

A quen vai dirixido?:

Público xeral e familias

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/09/2016

Xa rematou

Horario:

16.00 h

Duración:

aprox. 1.30 h

Prezo:

Actividade gratuíta logo da previa inscrición

Un gran tesouro escóndese moi preto de nós. Baixo as augas salgadas ocúltanse estrelas de mar, bivalvos, tomatiños de mar e lapas, entre outras moitas especies que só podemos ver se nos achegamos nun breve momento do día, cando baixa a marea. Descubrir toda esa importante fauna e flora que se esconde na franxa costeira da Coruña, é posible durante unha visita intermareal, un paseo con ollos de observador por esa superficie de area e rochas situada entre os niveis coñecidos das máximas e as mínimas mareas. Só necesitas un bo calzado impermeable, preferiblemente botas de auga, e moitas ganas de atopar tesouros e escoitar as explicacións do persoal do Centro Oceanográfico da Coruña, que nos axudará a descubrir e poñer nome a todo o que atopemos. Sorprenderache a cantidade de especies que viven nesa zona do mar que queda sometida ao ritmo diario das mareas.

inscrición

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión