Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exxpedition: Unha aventura de mulleres que aman o mar

Lucy Gillian / Presentada por Sofía Toro *Charla en inglés con tradución simultánea

A quen vai dirixido?:

público en xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/09/2016

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Duración:

aprox. 1.30 h

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta (ata completar a capacidade)
*Charla en inglés con tradución simultánea

Compartir: En 2011, Lucy Gilliam, investigadora ambiental, doutora en Ecoloxía Microbiolóxica e Ciencias do Solo, experta navegante e activista infatigable a favor dos mares, puxo en marcha, xunto con Emily Penn, o proxecto eXXpedition, unha serie de travesías mariñas nun veleiro tripulado unicamente por mulleres, co fin de facer visible o invisible; a polución plástica das augas e o seu efecto na saúde, non só dos océanos, senón tamén no noso corpo, especialmente o das mulleres. Durante varias semanas 14 mulleres procedentes de campos tan distintos coma a ciencia, a arte, o xornalismo ou a educación, colleitan datos cos que xeran material inspirador para lograr o compromiso da sociedade no coidado dos mares. eXXpedition lanzou sete viaxes polo Atlántico, o Ártico ou o Caribe e xa está preparando a aventura de 2017. Ven a coñecer a Gilliam, unha muller que foi capaz de unir ciencia, navegación, arte, activismo e saúde nun proxecto liderado por mulleres. Sofía Toro, coruñesa campioa olímpica de vela en Londres 2012 será a encargada de presentar a Lucy Gilliam. Ao finalizar a charla haberá unha quenda de preguntas e respostas.

Lucy Gilliam impartiu charlas e conferencias en universidades e institucións gobernamentais por todo o mundo, é consultora en temas de medio ambiente e seguridade alimentaria e fundadora e directora de New Dawn Traders, unha asociación de artistas e cociñeiros que traballan por lograr cambios no transporte de mercadorías mediante a navegación a vela. Cruzou o Atlántico dúas veces e representa a Universidade de Exeter no Campionato Universitario de Navegación a Vela. É a primeira vez que vén a España contar a súa experiencia como muller, científica e activista a bordo desta expedición.

+ info:

Entidades

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión