"As noites de María Pita" coa Orquestra Galega de Jazz
Para público en xeral
10/08/2016
Xa rematou
22.00 h
Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña
Entrada libre ata completar capacidade
Formada por algúns dos máis importantes músicos da escena galega actual no mundo do jazz, a música sinfónica e a música tradicional, a Orquestra de Jazz de Galicia traerá temas populares galegos que chegaron a nós pola tradición oral e que dialogarán sobre o escenario coa música improvisada contemporánea. Entre as xoias das que o público poderá gozar esta noite, O toque de chifre de Faramontaos, rexistrada en 1952 polo musicólogo estadounidense Alan Lomax nunha aldea de Ourense, e que será interpretada de novo en Galicia máis de medio século despois de que Miles Davis e Gil Evans a convertesen na mundialmente coñecida The Pan Piper.
Música que transita entre a sofisticación do arranxo, a tímbrica orquestral e a beleza espida e desprovista de artificio de melodías tradicionais galegas para gozar deste día de música coa Orquestra de Jazz de Galicia.
Entidades
Actividades relacionadas
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle na zona Z4-R15 (Parcelas Z4-R15L e Z4-R15P), no ámbito do SURT 1, en San Pedro de Visma (expediente 631/2024/120).
Suspensión cautelar de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle relativo á parcela na que se empraza o actual mercado municipal de Palavea (Expediente DPE/2025/47)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible