"As noites de María Pita" coa "Orquesta Joven" da O.S.G. GUSTAV MAHLER - Sinfonía nº 1 con DIMA SLOBODENIOUK, director
Para público en xeral
19/08/2016
Xa rematou
20.30 h
Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña
Entrada libre ata completar capacidade
Desde a súa fundación en 1994 a "Orquesta Joven" da Sinfónica de Galicia permitiulles a centos de mozos/as instrumentistas completar a súa formación musical participando en espectáculos operísticos e concertos sinfónicos, baixo o maxisterio de mestres como Alberto Zedda, Víctor Pablo Pérez, James Judd, Pietro Rizzo, Michael Gilbert, James Ross ou Joan Company, entre outros.
A Orquesta Joven participou como orquestra de foso no Festival Mozart da Coruña, -no que baixo a dirección de Alberto Zedda interpretou a ópera barroca "Los amores de Apolo y Dafne", interpretación que a discográfica Naxos acaba de publicar-, compartiu escenario coa Orquestra Sinfónica de Galicia na Sinfonía nº 8 de Gustav Mahler e ofreceu concertos sinfónicos en Madrid, San Sebastián, Murcia, Valencia, León, Segovia, Xerez, Xavea e Concentaina.
Convertida xa nun dos proxectos educativos máis orixinais do panorama musical español, a Orquesta Joven supón unha das poucas posibilidades reais de achegar os/as futuros/as profesionais á práctica do seu instrumento no seo dunha orquestra sinfónica. A mocidade recibe unha completa formación musical por medio do traballo ao lado dos profesores instrumentistas da OSG, das innumerables clases maxistrais de grandes profesores e intérpretes -nas que participaron artistas coma Wolfgang Klos, Anne Gastinel, Geneviéve Laurenceau ou Mario Brunello, entre outros moitos- e do contacto diario co atril nos tres encontros anuais de que consta cada curso e nos que se abarca un repertorio que vai dende a música barroca ata a dos nosos días.
Entidades
Actividades relacionadas
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle na zona Z4-R15 (Parcelas Z4-R15L e Z4-R15P), no ámbito do SURT 1, en San Pedro de Visma (expediente 631/2024/120).
Suspensión cautelar de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle relativo á parcela na que se empraza o actual mercado municipal de Palavea (Expediente DPE/2025/47)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible