O Festival Manicómicos mistura comedia, teatro e circo contemporáneo, centrándose nas artes escénicas na rúa, coa exhibición de espectáculos para todas as idades, desde a infancia e a mocidade até persoas adultas, co obxectivo de chegar ao maior número posible de público, tanto nas rúas e prazas como nos barrios.
Familias, Para público en xeral
Dende o 11/08/2016 ata o 14/08/2016
Xa rematou
Desenvolverase en dez puntos distintos da cidade, tendo en conta ademais as accións de promoción que terán lugar os días 4, 5 e 6, nos que varios grupos de clowns percorrerán a cidade, tanto a pé como mediante o transporte público urbano e interactuarán coa xente nas rúas, mercados, prazas e buses. Os espazos nos que se actuará nesta XVI edición serán o Parque de Santa Margarita, a Praza de Vigo, Campo da Leña, Obelisco, distintas liñas de buses urbanos, Paseo Marítimo e zona centro da cidade, ademais dos mercados municipais das Cochiñas, Praza de Lugo e San Agustín.
O festival contará en total coa participación de 11 compañías de teatro e circo, que realizarán 18 funcións específicas. Ademais, durante a última xornada, na tarde do domingo 14 dará comezo a gala final do XVI Festival Manicómicos, realizada polas e polos compoñentes da asociación, así como invitados sorpresa. Nesta ocasión terá lugar no Anfiteatro do Parque de Santa Margarita.
Festival Manicómicos
Día 11 Chipolatas . "Gentlemen of the road" OBELISCO ás 18.30 h
Cía Lepuant Clown . "Solo... y nublado" OBELISCO ás 19.30 h
Trapu Zaharra . "La conga" OBELISCO ás 20.30 h
Pistacatro . "Impreuna" PRAZA DE VIGO ás 22.00 h
Día 12 The Blue Grampas . "Route 66" CAMPO DA LEÑA ás 12.00 h
Cía Lepuant Clown . "Solo... y nublado" CAMPO DA LEÑA ás 13.00 h
3 patas para un banco . "La burla negra" CAMPO DA LEÑA ás 18.30 h
Chipolatas . "Gentlemen of the road" CAMPO DA LEÑA ás 19.30 h
Trapu Zaharra . "La conga" CAMPO DA LEÑA ás 20.30 h
Vol' e Temps . "Mundos de papel" CAMPO DA LEÑA ás 22.00 h
Día 13 The Blue Grampas . "Route 66" CAMPO DA LEÑA ás 12.00 h
Mereclown . "Mere-cidamente" CAMPO DA LEÑA ás 13.00 h
Gli'Indignati . "Don Giovanni" PRAZA DE VIGO ás 18.30 h
Vol' e Temps . "Mundos de papel" PRAZA DE VIGO ás 19.30 h
La Industria Teatrera . "Náufragos" PRAZA DE VIGO ás 22.00 h
Día 14 Mereclown . "Mere-cidamente" OBELISCO ás 12.00 h
La Mano Jueves . "Ricky, el profesor de tenis" OBELISCO ás 13.00 h
Gala Manicómicos . PARQUE DE SANTA MARGARIDA ás 18.30 h
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle na zona Z4-R15 (Parcelas Z4-R15L e Z4-R15P), no ámbito do SURT 1, en San Pedro de Visma (expediente 631/2024/120).
Suspensión cautelar de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle relativo á parcela na que se empraza o actual mercado municipal de Palavea (Expediente DPE/2025/47)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible