Lugar: a lonxa da Coruña. Un mundo, a lonxa, dentro dunha cidade, A Coruña. Dous universos paralelos que dependen un do outro, pero que viven en tempos diferentes, como nas historias de amantes enfeitizados.
Público xeral
Para público en xeral
22/09/2016
Xa rematou
6.00 a 9.00 h da mañá
Actividade gratuíta tras a previa inscrición
Cando a cidade aínda dorme, a lonxa, unha das maiores de Europa, acolle a centos de pescadores, armadores, vendedores de peixe, intermediarios e cociñeiros que buscan o mellor para os seus negocios e participan na poxa diaria do peixe. Todo un espectáculo que moi poucos habitantes da cidade coñecen de primeira man e ao que poderemos asistir en vivo e en directo. Posteriormente, representantes da lonxa e o seu tecido empresarial desvelarannos as reviravoltas do seu funcionamento e convidarannos a tomar un café. A continuación, Javier Ozores, vicepresidente da Academia Galega de Gastronomía, impartirá un showcooking na sala acristalada da lonxa, aproveitando a mellor materia prima do día, que degustaremos tamén a modo de "almorzo mariñeiro". Prepárate para o madrugón; será o máis divertido da túa vida.
Actividades relacionadas
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle na zona Z4-R15 (Parcelas Z4-R15L e Z4-R15P), no ámbito do SURT 1, en San Pedro de Visma (expediente 631/2024/120).
Suspensión cautelar de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle relativo á parcela na que se empraza o actual mercado municipal de Palavea (Expediente DPE/2025/47)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible