Slava Polunin, da familia de Cirque du Soleil, colaborados na creación de ALEGRÍA e posiblemente o clown en activo de maior prestixio internacional, trae de novo a España o seu espectáculo máis popular: SLAVA'S SNOWSHOW
Para público en xeral
Os días 10/12/2025, 11/12/2025, 12/12/2025, 13/12/2025, 14/12/2025
Xa rematou
días 10-11-12: 20.00 h
día 13: 17.00 e 21.00 h
día 14: 12.30 e 17.00 h
Platea: 38,00 €
Palco: 34,00 €
Principal: 30,00 €
(1.ª fila de principal (visibilidade reducida): 28,00 €)
*Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas
*Desconto do 25% para familia numerosa
(Para que se apliquen os descontos é necesario que se presente a documentación que acredita o desconto no momento da compra e do acceso ao teatro)
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
RECOMÉNDASE:
Slava's Snowshow é un espectáculo teatral circense, poético e intemporal, que cativou e potenciou, como ningún outro, a imaxinación de públicos de diversos xéneros, crenzas, características e idades. O show é un xénero en si mesmo e permanece tan espontáneo e máxico como o primeiro día, catapultando sistematicamente a cada persoa adulta de volta á súa infancia.
Slava's Snowshow reinstaurou a arte do clown e seduciu de novo a aquelas persoas que o descartaban como unha forma anticuada de circo.
O espectáculo é unha caravana de organizado caos, xolda e encanto que, sen descanso, roda polo mundo e que lles ofrece a todas as persoas -mocidade e maiores-, unha oportunidade de deixar as súas vidas cotiás nas portas do teatro e mergullarse nunha condición de feliz "estupidez".
É unha escusa para celebrar a vida dun modo disparatado e facerlle vivir ao público emocións e experiencias moi diferentes na súa hora e media de duración: profunda nostalxia, alegría desmesurada e mesmo momentos de grande incerteza e tensión.
Autor, creador e director da compañía: Slava Polunin
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle na zona Z4-R15 (Parcelas Z4-R15L e Z4-R15P), no ámbito do SURT 1, en San Pedro de Visma (expediente 631/2024/120).
Suspensión cautelar de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle relativo á parcela na que se empraza o actual mercado municipal de Palavea (Expediente DPE/2025/47)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible