Concello da Coruña

Concello da Coruña

Solicitude de compra por colindancia de parcelas sobrantes

En que consiste?:

Permítelles ás persoas propietarias lindeiras a compra directa de solo de propiedade municipal, sempre que este solo teña a consideración de parcela sobrante. Son parcelas sobrantes aquelas que pola súa reducida extensión, forma irregular ou localización non son susceptibles de uso axeitado.

A quen vai dirixido?:

A persoa propietaria lindeira á parcela sobrante municipal

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Requisitos e documentación para presentar:

  • Solicitude da persoa interesada
  • Plano de situación da parcela sobrante
  • Escritura de propiedade ou nota simple rexistral que acredite a súa condición de persoa propietaria lindeira
  • A parcela sobrante cuxa venda ou permuta pretende non pode ser edificable por si mesma, e coa súa adquisición por quen o solicita regularizaríanse parcelas edificables segundo o PXOM

Internet

Teléfono

Máis información:

  • A normativa reguladora deste procedemento é o Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das entidades locais
  • A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión