Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
A documentación do Plan Xeral que aquí se facilita, correspóndese co Texto Refundido requirido pola Orde de 25 de febreiro de 2013, ditada polo Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, pola que se aprobou definitivamente o documento do Plan Xeral de Ordenación municipal da Coruña, publicada no DOG n? 48 de 8 de marzo.
A anterior documentación publícase, de forma gratuíta, en cumprimento do artigo 100 da Lei 9/02 de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, no que se sinala que "os instrumentos de ordenación urbana, con todos os seus documentos, tanto se se atopan aprobados como durante a súa tramitación, serán públicos e calquera persoa poderá, en todo momento, consultalos, obter copias dos mesmos previo pago do prezo correspondente e solicitar información sobre os mesmos no Concello".
O Tomo I e o Tomo II de contestación de alegacións, suprimíronse da publicación web por conter datos persoais, en cumprimento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, non obstante o anterior o documento completo poderá ser consultado nas dependencias da área de Urbanismo (Praza de Indalecio Prieto, 1-3).
Inicio
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
Acceso aos expedientes completos de licenzas relacionados co edificio
EDD0420_Aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación volumétrica dun equipamento de benestar social e asistencial público situado na rúa Castaño de Eirís 1D
EDD0221_Aprobación inicial do Estudo de detalle para a ordenación de volumes da ampliación do edificio do Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC), Campus de Elviña.
EXC3220_Suspensión cautelar da tramitación de plan de desarrrollo, instrumentos de equidistribución, urbanización e licenzas no ámbito do API S-35 "Ría do Burgo"
Para poder ler os documentos deste especial necesita descargar o lector gratuíto de PDF.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible