Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Autoliquidacións

En que consiste?:

As autoliquidacións tributarias regúlanse no artigo 120 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. As autoliquidacións son declaracións nas que as persoas obrigadas tributarias, ademais de lle comunicar á Administración os datos necesarios para a liquidación do tributo e outros de contido informativo, realizan por si mesmas as operacións de cualificación e cuantificación necesarias para determinar e ingresar o importe da débeda tributaria ou, se é o caso, determinar a cantidade que resulte para devolver ou para compensar.

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que a normativa tributaria municipal impón o cumprimento da obriga.

Enderezo:

Rúa Franja 20. La Coruña

Presencial

Que se necesita?:

As autoliquidacións de taxas e impostos municipais, de maneira presencial, realízanse nas oficinas da Franxa, na Unidade de Rexistro e Información ás persoas Contribuíntes.

Internet

Que se necesita?:

Para poder realizar as autoliquidacións a través da web debe ter á man os datos do obrigado e do obxecto tributario. Pode realizar unha autoliquidación a nome de terceiras persoas, aínda que lembre que debe contar coa súa autorización expresa.

Como se fai?:

As autoliquidacións telemáticas de tributos realízanse a través da Oficina Virtual das persoas Contribuíntes - OVC. A OVC é a sede electrónica tributaria que, entre os seus servizos, ofrece a posibilidade de autoliquidar as taxas e impostos que teñan establecido este réxime, xerando as correspondentes cartas de pago. Os tributos que se poden autoliquidar, neste momento, na OVC son:

- Plusvalía (Imposto sobre Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana)

- Imposto de Vehículos (IVTM). Alta no imposto para a súa matriculación

- Taxa Tarxeta Millennium

- Taxa por dereitos de exame

- Taxa por repartición de publicidade en vía pública

- Taxa pola tenza de animais potencialmente perigosos

- Taxa por licenzas de servizo de transporte

- Taxa por circulación con vehículo por rúa peonil

- Taxa por tramitación de certificacións e copias (informes, atestados, expedición de certificados do PIC)

- Taxa de Cemiterios (apertura de sepulturas, incineracións..)

Se necesita coñecer a categoría fiscal da rúa, consulte o trameiro fiscal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Oficina Virtual das persoas Contribuíntes:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.)

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídas/os as/os notarias/os e rexistradoras/es da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

TRAMITAR

Certificado dixital:

Si

Teléfono

Máis información:

Pode realizar o pago da autoliquidación:

a. En calquera das entidades colaboradoras ABANCA, BANCO SANTANDER, BANCO SABADELL, CAIXABANK, BANCO PASTOR, BBVA.

b. A través do seu móbil ou tableta, descargando as aplicacións para IOS e Android.

c. A través das pasarelas de pago de ABANCA e CAIXABANK, con tarxeta de calquera entidade bancaria e sen custo.

d. A través da OVC.

Outros trámites

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Consulta de expedientes do edificio Fernando Macías 2-10

Acceso aos expedientes completos de licenzas relacionados co edificio

Edificio Fernando Macías 2-10

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Botón de descargar o programa Adobe Reader.

Para ler os documentos...

Para poder ler os documentos deste especial necesita descargar o lector gratuíto de PDF.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión