Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Urbanismo

Solicitude de cédulas, certificados ou informes

En que consiste?:

Enténdese por información urbanística toda información dispoñible polas Administracións públicas, baixo calquera forma de expresión e en todo tipo de soporte material, referida aos instrumentos de planeamento e xestión urbanísticos e á situación urbanística dos terreos, así como ás actividades e medidas que lle poidan afectar a esta.

Onde se fai?:

Oficina de Información e Rexistro de Urbanismo:

Praza Indalecio Prieto números 1 e 3 C.P. 15002. A Coruña.

 

Oficina do Rexistro xeral do Palacio Municipal:

Praza María Pita núm. 1 C.P. 15001. A Coruña.

 

Oficina do Rexistro xeral do Fórum Metropolitano:

Rúa Río Monelos núm. 1 C.P. 15006 A Coruña.

Enderezo:

Presencial

Que se necesita?:

Documentación:
  • Impreso de solicitude xeral debidamente cuberto (pódese adquirir na Oficina de Información e Rexistro de Urbanismo, ou ben descargalo dende a páxina web: http://www.coruna.es/urbanismo).
  • Plano de localización, que se lle facilitará na Oficina de Información e Rexistro de Urbanismo.
  • En caso de solicitar certificado urbanístico estará obrigado ao pago da taxa correspondente (ordenanza fiscal municipal núm. 1)

Internet

Teléfono

Máis información:

A Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia establece no seu art. 100 o seguinte:

  1. Os instrumentos de ordenación urbana, con todos os seus documentos, tanto se están aprobados como durante a súa tramitación, serán públicos e calquera persoa poderá, en todo momento, consultalos, obter copias deles logo do previo pagamento do prezo correspondente e solicitar información sobre eles no Concello.
  2. Toda persoa terá dereito a que o municipio correspondente a informe por escrito sobre o réxime e as condicións urbanísticas aplicables a un terreo concreto ou ao sector, polígono ou ámbito de planeamento en que se encontre incluído. Esta información deberá ser facilitada pola Administración municipal no prazo máis breve posible e, como máximo, no de tres meses, que se contarán dende a presentación da solicitude no rexistro municipal.
  3. Os concellos deberán regular, mediante a correspondente ordenanza, a cédula urbanística dos terreos ou edificios existentes en solo urbano e urbanizable. Ao expedir a cédula, se o plan estivese en proceso de modificación ou revisión, farase constar expresamente esta circunstancia nela.

 

Normativa:

Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publicada no BOE núm. 18 do 21 de xaneiro de 2003.

Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publicada no BOE núm. 29 do 3 de febreiro de 2005.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?