Concello da Coruña

Concello da Coruña

Teatro Rosalía de Castro

Enderezo:

Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Teléfono:

Oficinas: + (34) 981 184 348 e + (34) 981 184 200 Ext.: 75131 - 75900

Despacho de billetes: + (34) 981 184 349 e + (34) 981 184 200 Ext.: 75138

Horario:

Horario do despacho de billetes do teatro: aberto só os días de función das 16.00 ás 20.00 h (só se hai localidades dispoñibles)

Teatro do século XIX, de estilo ecléctico, situado en pleno centro da cidade e moi próximo á praza de María Pita. Acolle os máis prestixiosos eventos e espectáculos musicais.

Datos de interese

Dispón dun escenario de 150 m2 e dunha capacidade de entre 601 e 673 localidades. En 1838 o Concello adquiriu o soar da antiga igrexa de San Xurxo para construír o teatro e emitiu unha subscrición pública de accións para realizar a construción. En 1841 finalízanse as obras do Teatro Novo ou Principal. No ano 1867 o teatro sufriu enormes danos por un incendio, o que fixo que se reconstruíse en 1868. No ano 1909 toma o seu nome actual, Teatro Rosalía Castro. En 1910 o teatro adáptase para realizar proxeccións cinematográficas.

Picasso e o Teatro Rosalía

Picasso acudiu a representacións teatrais de obras de Echegaray no hoxe chamado Teatro Rosalía de Castro, entón Teatro Principal.

Vídeos

A cara oculta do teatro

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión