Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bebescena outono 2026: "La selva", de Teloncillo Teatro

"La selva" convida a bebés, nenos/as e familias a emprender unha viaxe imaxinaria por África, Asia e América para descubrir animais sorprendentes.

A quen vai dirixido?:

familias con nenos e nenas de 6 meses a 5 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/10/2026

Horario:

11.30 h e 13.00 h

Duración:

35 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

  • Entrada xeral: 6 €
  • Entrada reducida: 2 € para menores de 3 anos, persoas con discapacidade acreditada e acompañantes
  • Abono de tres entradas: 15 €

As circunstancias que permiten acceder ao prezo reducido débense acreditar ao mercar as entradas ou ao acceder ao espectáculo.

Organiza:

IMCE

Contacto:

agora@coruna.gal

A través do xogo, a música, os obxectos e unha coidada proposta visual, aparecen unha cebra de raias brancas e negras, unha xirafa curiosa, un crocodilo perigoso na auga pero tranquilo na terra e outros pequenos habitantes. Incluso unha xoaniña e un rato poden atopar o seu lugar nesta particular selva.

O espectáculo parte do interese natural que espertan os animais na infancia e das distintas emocións que provocan: curiosidade, agarimo, protección, sorpresa e, mesmo, certo temor. Os animais preséntanse mediante situacións e xogos próximos á maneira en que os/as nenos/as pequenos/as exploran o mundo.

A posta en escena combina teatro xestual, música, manipulación de obxectos, monicreques, poesía e estímulos visuais, e crea un ambiente sensorial, próximo e participativo. Inclúe textos poéticos de autoras e autores como Gloria Fuertes, Carlos Reviejo e Marisa Alonso Santamaría.

  • Dirección: Lola Eiffel
  • Actriz e cantante: Ana Isabel Gallego ou María Fernanda Carrasco
  • Actor e músico: Ángel Sánchez ou César Espinoza

Premio Nacional de Artes Escénicas para a Infancia e a Mocidade en 2013, e "La selva" foi candidata aos Premios Max 2024

Puntos de venda de entradas:

  • En liña: www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h, excepto festivos
  • Despacho de billetes do Centro Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo, sempre que queden entradas dispoñibles

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión