Espectáculo para a primeira infancia
Familias, Infancia
12/05/2026
Dende o 08/05/2026 ata o 12/05/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Con este contaconto ilustrado e musicado homenaxeamos a escritora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026. Unha actividade baseada no libriño "Pequena biografía de Begoña Caamaño", da compañía Polo Correo do Vento. "É o momento non de cambiar as regras, senón de cambiar o xogo. De mudar o mundo, da xustiza, da igualdade, da liberdade e tamén da felicidade".
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Noticias relacionadas
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle no Complexo Deportivo Agra I e no IES Agra do Orzán (expediente 631/2025/165).
ANUNCIO de aprobación inicial do Estudo de Detalle para a ampliación do CIFP Paseo dás Pontes. (expediente 631/2026/1).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible