Federico Pérez e Xosé Antonio Touriñán enfúndanse nos personaxes de "Curtis & Teixeiro" nun show que, din, forza os "límites do humor"
Para público en xeral
21/10/2016
Xa rematou
21.00 h (Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
15'00 €
Dous detectives un tanto peculiares, Curtis e Teixeiro, é dicir, Xosé Antonio Touriñán e Federico Pérez. Eles son os Starsky and Hutch galegos, unha clase de investigadores privados con métodos "diferentes" aos habituais, e sobre todo con formas moi afastadas das correctas. Xosé Antonio Touriñán e Federico Pérez coincidiron recentemente na película de Alfonso Zarauza, Los Fenómenos, pero os dous son habituais das nosas series.
En Era Visto! Federico é Moncho, xa o coñecedes, un home sinxelo, carismático, un pouco arrebatado, moi influenciable...e moi, moi simpático. A Xosé Antonio Touriñán puidémolo ver en varios programas, A Casa da Conexa, Land Róber, Tourilandia, en series como A vida por diante ou Padre Casares.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Centro Ágora: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h)
- www.ticketea.com (servizo permanente 24 h )
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle no Complexo Deportivo Agra I e no IES Agra do Orzán (expediente 631/2025/165).
ANUNCIO de aprobación inicial do Estudo de Detalle para a ampliación do CIFP Paseo dás Pontes. (expediente 631/2026/1).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible