31 de xullo de 2025
ANUNCIO de información pública da modificación puntual do PXOM da Coruña, no ámbito do Sector SURT-2 "Parque Ofimático/Xuxán" (expediente 631/29018/30).
O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria celebrada o 31.07.2025, acordou aprobar inicialmente o documento denominado "Modificación Puntual Nº 17 do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña no ámbito do Sector SURT-2 'Parque Ofimático / Xuxán', xullo 2025" , promovida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello da Coruña, e redactado por Fernández Carballada Asociados SLP, e asinada polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada Beatriz Aneiros Filgueira e Laura Fernández Suárez, cos números de colexiados no COAG 1.047, 2.137 e 12.752, respectivamente.
En cumprimento do disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do chan de Galicia, e artigos 144.6 e 207 do seu Regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou dun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar a modificación puntual e formular as alegacións que procedan.
A documentación estará a disposición no taboleiro de edictos da sede electronica do concello na apartado información urbanística; na páxina web de Urbanismo no apartado de exposición pública, e no visor "Desenvolvemento do Plan". Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), de 9:00 a 13:00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 20 de agosto de 2025
O Concelleiro delegado responsable da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle na zona Z4-R15 (Parcelas Z4-R15L e Z4-R15P), no ámbito do SURT 1, en San Pedro de Visma (expediente 631/2024/120).
Suspensión cautelar de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle relativo á parcela na que se empraza o actual mercado municipal de Palavea (Expediente DPE/2025/47)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible