Concello da Coruña

Concello da Coruña

El Greco y la región Tebana

CANCELADA

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/09/2015

Xa rematou

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Por motivos alleos ao Teatro Colón e debido á indisposición de parte do elenco, o espectáculo El Greco y la legión tebana non poderá verse o venres 11 de setembro tal e como estaba previsto. Por deferencia e respecto ao público coruñés tanto á produtora como ao teatro buscaron unha alternativa, de maneira que o vindeiro venres 11 poderá verse no escenario herculino a comedia Chirigóticas, unha proposta desenfadada e satírica que nos transporta ao entroido gaditano.

Con dramaturxia e dirección de Antonio Álamo, Chirigóticas traspasa os límites do humor para mostrarnos tres historias distintas a través da sátira, o discurso crítico e a ironía. Alejandra e Ana López Segovia e Teresa Quintero dan vida aos distintos personaxes de La tela te lo vale, Emigrantas e Cambio de Estado, as tres historias que compoñen Chirigóticas e que nos falan dun mercado na rúa, un grupo de mulleres que emigran buscando unha vida mellor e unha noiva que durante a súa despedida de solteira cambia de opinión respecto ao matrimonio.

Aquelas persoas que adquirisen entradas para ver El Greco y la legión Tebana poden solicitar a devolución no prazo dun mes para partir do día da función a través da mesma canle pola que as adquiriron, o Teatro Colón ofrécelles, ademais, unha invitación para o espectáculo que escollan - suxeito a dispoñibilidade - polas molestias ocasionadas.

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión