A sala Plataforma14 acolle a exposición "Caricaturas e retratos".
Para público en xeral
Dende o 16/03/2017 ata o 08/04/2017
Xa rematou
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
De balde
CMIX, Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da CoruñaFórum MetropolitanoR/ Río Monelos, 115006 - A CoruñaTfno.: 981 184 294cmix@coruna.es
Esta exposición presentará unha nova serie de obras creadas polo artista plástico e ilustrador coruñés Juan José Estrada Dopazo (1983). A mostra reunirá unha colección de caricaturas e retratos realizadas mediante técnicas tradicionais,(grafito, carbón, tiza, pastel e acrílico) sobre soportes como papel, cartón, madeira ou lienzo. Nelas aparecen máis de trinta figuras que o autor considera clave da cultura dos séculos XX e XXI, enmarcando os seus traballos na tradición clásica da caricatura-retrato.
Juan José Estrada Dopazo é un debuxante autodidacta nado na Coruña en 1983. Retratista e caricaturista dende a infancia é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, e completou os seus estudos co ciclo de formación profesional en Ilustración e Artes aplicadas á Escultura. E membro da Asociación Española de Caricaturistas e actualmente desenvolve o seu traballo como ilustrador freelance.
A exposición poderase visitar do 16 de marzo ao 8 de abril na sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano da Coruña.
A sala Plataforma14, pertencente á Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade. Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.es/cmix/plataforma14.
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle na zona Z4-R15 (Parcelas Z4-R15L e Z4-R15P), no ámbito do SURT 1, en San Pedro de Visma (expediente 631/2024/120).
Suspensión cautelar de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle relativo á parcela na que se empraza o actual mercado municipal de Palavea (Expediente DPE/2025/47)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible