IN MEMORIAN é un exercicio de apropiación de imaxes de persoas que morreron hai máis de cen anos.
Para público en xeral
Os días 27/05/2016, 28/05/2016
Xa rematou
21.00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9.00 euros (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, 7.00 euros)
Venda anticipada: 6.00 euros (ata o día anterior ás 23.59 h)
Un poema visual sobre a perda da memoria individual. Unha danza macabra fotográfica para celebrar o esquecemento. Un desfile fantástico de retratos animados á procura de si mesmos.
Cando Percival morre, o seu retrato con bombín ve con impotencia como lle pasa por diante a película da súa vida nunha secuencia de fotos que acaban dentro dunha caixa de madeira. Perci entón inicia a persecución desa caixa que garda a súa memoria. Entra nun inframundo ausente de lóxica, habitado por fotografías dispostas a sucumbir ao seu destino. As imaxes vanse perdendo polo camiño. A caixa ábrese e alí dentro nese baleiro Perci descúbrese na máis inmensa soedade, participando nun baile frenético consigo mesmo por manter viva a súa memoria.
Venda de entradas:
Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h. Temporalmente ubicada no Teatro Rosalia de Castro no mesmo horario.
Despacho de billetes Forum: só días de función, desde unha hora antes do espectáculo.
Televenta: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h, sábados de 14.00 h a 22.00 h, domingos de 16.00 a 21.00 h) - www.ticketea.com (servizo permanente 24 h )
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle na zona Z4-R15 (Parcelas Z4-R15L e Z4-R15P), no ámbito do SURT 1, en San Pedro de Visma (expediente 631/2024/120).
Suspensión cautelar de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle relativo á parcela na que se empraza o actual mercado municipal de Palavea (Expediente DPE/2025/47)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible