Película dividida en historias independentes a través das cales Jim Jarmusch presenta o panorama nocturno de cinco grandes cidades (Los Ángeles, Nova York, París, Roma e Helsinqui), cun taxi, e o que nel ocorre desde o anoitecer ata o amencer dun mesmo día, e obviamente con diferentes personaxes, como fío condutor
Para público en xeral
21/07/2016
Xa rematou
- xoves 22.30 h
Rógase puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala.
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
3 euros (Carné xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2 euros)
** Non se aplicará ningún desconto sen presentar o documento que acredite ser beneficiario del.
Jarmusch volve aos seus personaxes solitarios, ás súas narracións sincopadas e a unhas contornas urbanas e nocturnas. Cada historia encaixa á perfección coas súas compañeiras, un mecano emocional matematicamente puro.
Director: Jim Jarmusch
Intérpretes: Winona Ryder, Gena Rowlands
Estados Unidos, Xapón, 1991 - 129 min
(VOS en castelán)
NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 18 ANOS
Formato: DVD
* Coloquio con Nieves Abarca: nacida na Coruña en maio do 68, é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, e Master en Xornalismo. Traballa no Concello da Coruña e é escritora de novela negra. Publicou catro novelas, "Crímenes exquisitos", "Martyrium", "El hombre de la máscara de espejos" e "Los muertos viajan deprisa". Actualmente está escribindo a quinta.
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle na zona Z4-R15 (Parcelas Z4-R15L e Z4-R15P), no ámbito do SURT 1, en San Pedro de Visma (expediente 631/2024/120).
Suspensión cautelar de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle relativo á parcela na que se empraza o actual mercado municipal de Palavea (Expediente DPE/2025/47)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible