Concello da Coruña

Concello da Coruña

O documental do mes - "La teoría sueca del amor"

de Erik Gandin

A quen vai dirixido?:

público en xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/11/2016

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Rógase puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala

Duración:

76 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65, persoas desempregadas e carné xove)

** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá o acceso á sala

Televenda:

Ticketea

Suecia, Noruega, Dinamarca | 2016 | 76 min

V.O. en inglés subtitulada en castelán.

O tópico define a Suecia como un modelo de sociedade avanzada cunha elevada calidade de vida. Pero, é realmente un país feliz? É posible que a poboación máis autónoma e independente do mundo estea insatisfeita?

Sen a necesidade de pedir axuda ou favores, o contacto humano queda reducido á mínima expresión. Cada vez hai máis nais solteiras que teñen fillos a través da inseminación artificial. O número de xente que morre soa aumenta ano tras ano. Merece a pena asumir o illamento e a soidade para ter unha vida autónoma e independente?

O iconoclasta director Erik Gandini explora o estilo de vida sueco con sentido do humor, reflexionando sobre como unha vida segura e fácil pode converterse nunha existencia baleira e solitaria.

VENDA DE LOCALIDADES:

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h)

www.ticketea.com

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión