11 de novembro de 2025
O martes 9 de decembro chegan os Bolechas á Coruña
Pili ten unha idea xenial. Vai facer unha banda de música! Desas que desfilan tocando polas festas. Pero ten un problema: Carlos non quere tocar o bombo, Loli non quere tocar os pratos, Braulio non quere tocar o trombón, Sonia non quere tocar o clarinete e Tatá e Chispa non saben tocar. Que vai facer, logo? Pois vai ser "A muller orquestra". Tocará todo ela: bombo, pratos, trombón, clarinete, saxofón, frauta etc.
Volven os Bolechas ao programa FalaRedes 2025 da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.
A actividade está recomendada para público familiar con crianzas maiores de 3 anos.
Realizarase no auditorio do Centro Ágora e a entrada será libre ata que se complete a capacidade. Pídese puntualidade.
Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Actividades relacionadas
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de suspensión cautelar de tramitación de instrumentos de plan e otorgamiento de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial de Labañou (Expediente 631/2024/246)
ANUNCIO de aprobación inicial do Estudo de Detalle na parcela 5D da rúa Emilio González López, polígono dos Rosales, (expediente 631/2026/26).
ANUNCIO de Aprobación inicial da Modificación puntual núm. 4 do Plan Parcial do Sector S-2 San Pedro de Visma. Xullo 2026. Expediente DPE/2025/83
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible